Antroido de cine nos locais de hostalería de Vilalba

Organizado pola Asociación de Empresarios Sete Pontes, 16 establecementos participantes participarán nesta iniciativa entre o 25 e o 28 de febreiro coa que decorarán os seus locais e se disfrazarán os seus traballadores baixo a temática de "películas de cine". Tamén se sorteará unha cesta con produtos típicos do Antroido.

/ Enviado por redactor o Mar, 14/02/2017 - 02:03

A Asociación de Empresarios Sete Pontes de Vilalba organiza o "Antroido de cine nos bares de Vilalba" que se desenvolverá en 16 locais de hostalería entre o sábado 25 e o martes 28 de febreiro. 

A Lareira, As Cepas, Bar Centro, La Casa del Lobo, Pafe, Vintage Alborada, O Porrás, Centro Cultural, Lembranzas, Mesón do Campo, Mesón O Carballo, Revolta, Xalundes, Parador de Vilalba, Pub Zero e Punto K son os establecementos que decorarán os seus locais e se disfrazarán seguindo a temática de películas de cine.

Tamén se realizará o sorteo dunha cesta con productos típicos do Antroido entre os clientes que se acheguen aos locales colaboradores e selen as tarxetas. Disporán de cinco ocos dos que será suficiente ter selados dous para entrar no sorteo.