A Biblioteca de Xermade nomea oito traballos para a fase provincial do certame infantil das Letras Galegas

Os premiados son: Alba Rodríguez, Xiana Paz, Sarai Paz, Uxía Pena, Ana Karolina Silva, Alba González e Antía López.

/ Enviado por redactor o Mar, 16/05/2017 - 22:25

Ata oito traballos participarán no Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2017 dende a Biblioteca de Xermade.

Ese foi o número de traballos destacados entre os presentados no municipio. O xurado da fase local nomeaba gañadores da categoría A -ata 8 anos- a Alba Rodríguez, Xiana Paz e Sarai Paz; na categoría B -de 9 a 11 anos- a Uxía Pena e na C -de 12 a 16 anos- a Ana Karolina Silva, polos seus respectivos debuxos.

Na modalidade de narración os traballos destacados foron os de Alba González e Xiana Paz -na categoría A- e o de Antía López -na categoría B-.

Todos eles participarán na fase provincial do certame convocado pola Biblioteca Nodal.