Homenaxe á lingua galega, por Mercedes Cachaza Platas

Desde que o 17 de maio de 1963 se celebrou o centenario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro; xa levamos 54 escritores homenaxeados pola súa obra a favor da lingua  e cultura galegas.
/ Enviado por redactor o Mér, 17/05/2017 - 13:08

Un promedio de máis de trece escritores por provincia.

O sesenta e tres por cen foron homes.

Tan só o trinta e sete  por cen foron mulleres.

As mulleres escriben menos porque teñen outras proridades e porque a sociedade está estructurada como está, pero co tempo cambiará. 

Ten que cambiar porque non se pode desperdiciar tanto potencial feminino.

Pouco a pouco iremos construíndo un mundo máis equilibrado entre ámbolos dous sexos.

¡Como debe ser!

De feito, hoxe en día dánselle estudios tanto ós varóns como ás mulleres, cousa que noutros tempos non se facía.

Pero –sabemos todos moi ben- que aínda queda  moito camiño por recorrer.

Pasiño a pasiño, iremos abrindo camiño.

Este ano toca homenaxear a un home, un ourensán de renome mundial chamado: CARLOS CASARES MOURIÑO, que naceu en Ourense  a mediados do século pasado e faleceu fai tan só quince anos en Vigo.

Realmente a terra galega e a súa propia lingua son fonte de inspiración para  moitas persoas, en xeral para tódolos galegos bos e xenerosos como reza o noso benquerido HIMNO GALEGO.

Este tipo de celebracións teñen dúas caras ben diferenciadas.

-POR UNHA BANDA CELEBRAMOS QUE ESCRITORES DE FAMA MUNDIAL CUN AMPLO REPERTORIO ESCRITO EN LINGUA GALEGA, GOZAN ESCRIBINDO SOBE A VIDA, OS COSTUMES E A IDIOSINCRASIA DO POBO GALEGO, -E ADEMAIS,- FAN GOZAR ÓS LECTORES ESPALLADOS POLO MUNDO ENTEIRO.

Non  só ós lectores galegos, senón a persoas de todo o mundo porque as súas obras son traducidas a diferente idiomas

No caso de Carlos Casares Mouriño, trátase dun home que nos deixou un  legado  moi amplo e variado:

Escribíu narrativa para adultos e tamén para nenos: dez libros para adultos e once para nenos, ademais de numerosos ensaios, artigos periodísticos e tamén algo sobre humor.

O seu primeiro libro: “VENTO FERIDO” que contén relatos breves  sobre a violencia e o fatalismo; publicouno cando tiña 26 anos, pero antes xa cursara estudios de Filosofía e Letras en Santiago de Compostela e xa fixera  de lector en varias universidades europeas.

Pero a súa verdadeira traxectoria profesional como como catedrático de Instituo, como escritor, como político e como editor  vinculado á Editorial Galaxia, realizouna en Vigo.

Unha persoa moi culta e moi coñecedora da élite das Letras Galegas como: Vicente Risco, Otero Pedraio, Ramón Piñeiro e  Curros Enríquez dos que nos deixou as respectivas biografías.

Foi tamén Membro da Real Academia Galega da Lingua e Presidente  do Consello da Cultura Galega, ademais de deputado polo Partido Socialista de Galicia nas eleccións de 1981.

Persoas así, honran un pobo e dan a coñecer a súa identidade.

Por eso homenaxeamos unha persoa destas características cada 17 de maio.

-POR OUTRA BANDA  FAISE UNHA ANÁLISE DA SITUACIÓN DA NOSA LINGUA NA VIDA COTIÁ E –VISTAS AS DEFICIENCIAS- A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA , A REAL  ACADEMIA DA LINGUA GALEGA E OUTRAS ENTIDADES, REIVINDICAN O DEREITO E O DEBER DE COÑECELA E  USALA A TÓDOLOS NIVEIS COMO LINGUA OFICIAL DO POBO GALEGO EN IGUALDADE CO CASTELÁN.

Pero na realidade, aínda hai moitas persoas que por ignorancia pensan que o galego só serve para andar pola casa e que non trancende límites nin fronteiras máis aló da terra galega.

Aínda existen moitas persoas que prefiren poñerlle un nome extranxeiro ós seus decendentes, antes que un galego.

Desgraciadamente aínda hai quen pensa que a nosa linguia é unha lingua para ignorantes e paletos, cando os ignorantes e paletos son aqueles que pensan así.

A ignorancia é moi atrevida.

¿Cando comprenderemos que a ignorancia non está nas linguas?

¡A ignorancia está na falta de educación das persoas!

Tamén hai quen pensa que non sabe falar ben o galego porque non o estudiou ou porque non se fala igual en toda Galicia.

Quen non tivo acceso ós estudios, non  os tivo en  ningunha lingua.

Expresarase en linguxe vulgar sexa cal sexa a lingua que use.

Pero a lingua é patrimonio de todos, tanto das persoas con estudios como das que non tiveron acceso a eles.

Todos, absolutamente todos, temos necesidade de comunicarnos, maioritariamente a través da fala, pero tamén a través da escrita.

Que unha mesma cousa se diga dunha maneira en Lugo, doutra en Ourense, doutra en Fisterra e douitra en Pontevedra, non ten nada de malo; todo o contrario.

Son palabras sinónimas, é decir, significan o mesmo.

 Eso chámase sinonimia. 

É unha riqueza da linguaxe.

Unha riqueza, nunca unha pobreza, como pensan algúns.

Mentres non aprendamos a suparar estes e outros prexuízos.

Mentres non apredamos a valorarnos como pobo galego que somos.

Mentres no aprendamos a facer respetar a nosa lingua como sinal de identidade propia deste pobo tan noble como é o galego, ..

¡Haberá moito que facer!

Pero Roma non se fixo nun día.

Neso andan os entendidos; pero é cousa de todos.

No que a nós nos corresponde, seguiremos apoiando o noso idioma, porque nós somos galegos de pura cepa.

Nacemos en galego, vivimos en galego  e no renegamos a nosa identidade por nada do mundo.

Faremos todo o posible para que a nosa lingua se cultive cada día máis e mellor  ata que o noso idioma estea normalizado a tódolos niveis, como era en tempos do rei Alfonso X “O Sabio” que el mesmo o utilizo nas Cantigas de Santa María.

Porque a linguia galega foi a primeira que escoitamos no colo da nosa nai, e a que usamos habitualmente coas persoas que máis queremos, a que levamos no sangue.

Para nós é:

-A máis tenra.

-A máis dóce.

-A máis interesante.

-A que máis queremos.

-E á que máis lle debemos.

Nós, principalmente a xente da aldea, somos os portadores desta riqueza tan grande que lle dá carácter e identidade propio á nosa terra.

Tamén sabemos outras linguas.

¡Claro que si!

¡Só faltaría!

Non rexeitamos nin despreciamos ningunha.

Cantas máis saibamos, mellor.

Pero por encima da nosa, ningunha.

Se nós non defendemos o noso:

¿Quen nolo vai defender?

Por eso estamos hoxe aquí apoiando que se respete a nosa lingua como sinal básico de identidade do pobo galego e como patrimonio inmaterial de todos.

PORQUE DEFENDE-LO NOSO IDIOMA, É DEFENDERNOS A NÓS MESMOS.

Moitas grazas.

Mercedes Cachaza Platas.