O Centro Xove de Vilalba acollerá ao longo do 2017 actividades do programa 'Enredos'

Trala xornada sobre "Participación Xuvenil e Asociacionismo" celebrada o 10 de febreiro, o 10 de marzo a Casa da Xuventude vilalbesa acollerá unha xornada sobre "asesoramento para a participación en programas xuvenís".

/ Enviado por redactor o Lun, 13/02/2017 - 21:41

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a través da Rede Galega de Dinamización Xuvenil e da rede de Espazos Xoves pon en marcha un novo programa, chamado "Enredos" dirixido a estes mozos e mozas buscando consolidar o seu protagonismo en ámbitos como o do asociacionismo, o do voluntariado ou o de emprendemento.

Cos obxectivos de consolidar os espazos xoves como lugares de referencia para o tecido asociativo xuvenil e as entidades de acción voluntaria, impulsar como polos de innovación social e captación de talento xove e dinamizar os espazos como foros de participación e empoderamento xuvenil; o Programa "Enredos" executará, ao longo de todo o ano 2017, un programa regular de actividades no Espazo Xove de Vilalba do mesmo xeito que no resto de centro de toda Galicia.

Trala xornada de “difusión de recursos e servizos para a Mocidade galega” que se desenvolvía en xaneiro e a de “Participación Xuvenil e Asociacionismo” o 10 deste mes de febreiro; as datas nas que se desenvolverán as áreas de actuación ao longo do 2017 son: o 10 de marzo, “Asesoramento para a participación en programas xuvenís”; o 7 de abril  “Creación de espazos de networking”; o 5 de maio, “Liderazgo e traballo en equipo”; o 2 de xuño, “Actividades de lecer saudable”; o 8 de setembro, “ Habilidades sociais e resolución de conflictos”; o 6 de outubro, “O voluntariado como ferramenta para o desenvolvemento persoal”; o 3 de novembro, “ Coñecendo novos horizontes: programas de mobilidade europea” e o 1 de decembro, “Descubre o teu espíritu creativo”.