O Concello de Guitiriz convoca un concurso de carteis para a XXIII Feira da Cantería, Callos e Artesanía de Parga

O prazo para o envío de propostas de deseño remata o 31 de maio.

/ Enviado por redactor o Xov, 18/05/2017 - 14:31

O Concello de Guitiriz convoca  un concurso de carteis anunciadores da XXIII Feira da Cantería, Callos e Artesanía de Parga baixo unha temática orixinal e inédita, de libre elección; pero relacionada coa temática da feira e “anunciando de maneira clara” o nome, edición, localización, data da feira --o domingo 16 de xullo-; así coma as carreiras de cabalos de andadura federados.

O certame diríxese a persoas ou grupos a partir dos 16 anos que poderán presentar ata un máximo dun cartel. 

O prazo para inscribirse e presentar as propostas participantes no Rexistro Xeral do Concello remata o 31 de maio.

O premio consta de 200 euros máis diploma que recibirá o seu deseñador o propio día da feira. O deseño escollido será a imaxe da Feira da Cantería, Callos e Artesanía; mentres que os restantes formarán unha exposición pública que se poderá ver tamén o propio 16 de xullo.