O "fortín" do Mato Vizoso continúa invicto nunha xornada con xogo en Segunda Nacional feminina e Primeira galega

As rapazas do TDM Concello de Vilalba e TDM Sanjurjo Moda vencían en tódolos seus partidos da última xornada.

Os equipos do TDM Vilalba volverán ás pistas o sábado 25 tras unha fin de semana de descanso que coincide co Nacional que se celebrará en Valladolid.

/ Enviado por redactor o Lun, 13/02/2017 - 00:27

O fortín do Mato Vizoso continúa invicto unha xornada máis; xa que ningún dos equipos que visitaban Vilalba esta fin de semana lograban puntuar.

Así, na segunda Nacional Femenina os dous equipos vilalbeses, o Tdm Concello de Vilalba e o Sanjurjo Moda Feminino impuxéronse nos seus partidos ao Club Narón, Escola Cidade de Narón e ao San Xoán Deporte Galego tamén feminino. Polo tanto, os dous equipos do Tdm ocupan a primeira e segunda praza da táboa. 

O Tdm Concello resolvía os partidos cun 3-1, 3-0 e 3-1 onde Aine e Bea estuvieron a un gran nivel. O Sanjurjo Moda impoñíase ás súas rivais por 3-1, 3-0 e 3-0; xa que Ariadna e Alba non deron tregua aos seus rivais cun tenis de mesa de gran nivel e moita calidade. Agora toca descansar ata o sábado 25 que se desprazarán a unha concentración en Ribadumia.

E no que respecta á Primeira galega, os dous equipos locais  -Tdm Concello de Vilalba Masculino e Café Bar Estudiante Promesas- impuxéronse ao Carnicería Charcutería Luis Esteban de Narón por idéntico resultado: 6-0. Os dous equipos mostráronse moi superiores en todos os encontros cedendo os mesmos xogos os dous tamén: 18 xogos gañados e catro perdidos cada equipo. Os seis xogadores locais Álex, Jorge e Javi -do Promesas- e Hugo, Javi e Pablo –do TDM Concello de Vilalba- encóntranse nun gran momento de forma a estas alturas da competición como o confirman os resultados.

Finalmente, na Segunda galega non se disputaba o partido debido á incomparecencia dos rivais, os xogadores do B The Travel Brand Escola CTMM. 

A vindeira fin de semana celebrarase o Nacional en Valladolid; polo que non haberá xornada ata o sábado 25.