Os Minhotos ofrecen o 17 de maio un concerto no Museo do Castro de Viladonga

Os Minhotos.

O concerto celebrarase ás seis da tarde do Día das Letras Galegas.

/ Enviado por redactor o Mar, 16/05/2017 - 22:15

Os Minhotos ofrecen un concerto no Castro de Viladonga este mércores 17 de maio, Día das Letras Galegas, a partir das seis da tarde dentro do ciclo de actividades culturais programadas polo Museo do Castro de Viladonga.

O grupo de música tradicional presentará novos temas e outros do seu repertorio habitual que está recollida no traballo discográfico Pinga D´Auga. 

Os Minhotos é o son acadado e consolidado por un entender a nosa música tradicional, un xeito propio e definido que conxuga festas, pasacorredoiras, ensaios, estudos e reflexión sobre a música tradicional galega.

Os Minhotos está integrado por Alberto -gaita, pandeiro, pandeireta, bombo...-, Carme -gaitas, requinta, voz e percusión-, Paula -acordeón-, Vitor -zanfona, gaitas e percusións- e Xaneco -tamboril, pandeiro, pandeireta…-.