Skip to main content
Lugo

Abraham Cupeiro actúa coa orquestra Gaos este venres en Lugo

Por 21 Marzo, 2024Sin comentarios

O novo proxecto do sarriao Abraham Cupeiro, Mythos, presentarase en Lugo este venres. A partir das 20.30 o cantante, acompañado da orquestra Gaos, fará gozar ao seu público no Gustavo Freire. Con este ciclo de concertos remata a xira de presentación do seu novo traballo polas capitais das provincias galegas.

Este novo proxecto artístico, musical e enfocado na cultura grega é definido polo seu autor como “unha fantasía musical, xa que utilicei instrumentos veraces da Antiga Grecia, como o Aulos, e tamén rescatamos o corno romano, unha trompa xigante que se utilizaba na Antiga Roma”, explica.