Skip to main content
Lugo

Acadar organiza catro obradoiros dirixidos a mulleres con discapacidade

Por 14 Agosto, 2021Agosto 15th, 2021Sin comentarios

Nos meses de agosto e setembro terán lugar no centro de convivencia Uxío Novoneyra, catro obradoiros, con actividades organizadas por Acadar, dirixidas a mulleres con discapacidade.

Este programa Emprego e saúde a través do empoderamento ten como obxectivo procurar a mellora da calidade de vida das mulleres con discapacidade do Concello de Lugo, fomentando a adquisición de hábitos de vida saudables e o reforzamento das habilidades persoais para a busca de emprego, potenciando a autoestima e o autoconcepto positivo das participantes.

Realizaranse catro obradoiros nos que se traballará a sexualidade feminina, o manexo da TIC (Tecnoloxía da Información e Comunicación), habilidades de comunicación e a autoestima e autoconcepto. Os obradoiros serán de 10 horas a 13 horas, os días 23, 25 e 30 de agosto e no mes de setembro, no mesmo horario os días 1, 6, 8, 13 e 15, en dúas quendas, os luns e mércores.

Para máis información sobre o programa ou inscricións, as mulleres interesadas poden poñerse en contacto con Acadar a través do enderezo electrónico info@acadar.org ou no teléfono 674073092.

Acadar

Acadar foi constituída no 2009 por un grupo de mulleres con inquietudes e desexos comúns de alcanzar a igualdade efectiva de oportunidades das mulleres con discapacidade de Galicia. É unha entidade que carece expresamente de ánimo de lucro e que promove, coordina e reivindica a defensa dos dereitos das mulleres con discapacidade cara a súa plena integración e participación en tódolos ámbitos da sociedade.