Skip to main content
Vilalba

Aira leva ao Parlamento o caso dun escolar de Vilalba con necesidades especiais

Por 1 Novembro, 2023Sin comentarios

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Carme Aira, denuncia “a falla de implicación das institucións educativas á hora de facilitar o día a día das persoas con diversidade funcional dentro da súa vida escolar”.

Dende o BNG presentamos unha batería de preguntas para que a administración que, é a responsable de lexislar normativas que se faga efectiva a igualdade para este colectivo, o que non pode nin se debe facer en ningún caso é, en ausencia da mesmas, usar a discrecionalidade para discriminar negativamente a un alumno con capacidades especiais e con necesidade de apoio educativo.

Esto é o que lle esta a suceder a unha familia de Vilalba que ve como ao seu fillo non lle permiten seguir co programado o curso pasado, apesares de estar asinado por ambas partes, e obrígano para este curso a cambiar as materias optativas, as que ten dereito por lei, e que escollera por outras obrigatorias, incluso cando tiña superando o número de horas optativas exixidas para o programa actual.

“Non entendemos porque este alumno e a súa familia ten que enfrontar recorrentemente problemáticas que o resto de alumnado e as súas familias non enfrontan cando ten o mesmo dereito á formación en igualdade que o resto” conclúe a deputada.

Dende o BNG demandamos flexibilidade á hora de aplicar a norma cando esta non contemple solucións para as e os alumnos con necesidades formativas especiais, de modo que impere o coidado ao alumnado como eixo fundamental da educación.

Defendemos que a administración cando lexisla o faga de modo inclusivo, sendo isto o único remedio posible de poñer solucións no canto de provocar problemas.

“Por isto, dende o BNG demandaremos un en igualdade para todo o alumnado, de modo que a etapa escolar os capacite plenamente para a súa futura integración nunha sociedade complexa como a actual, e que isto se faga dende a máxima consideración á diversidade”, dixo a deputada nacionalista.