Skip to main content
Ribadeo

O alcalde de Ribadeo foi nomeado vicepresidente da comisión de política social da FEMP

Por 5 Marzo, 2024Sin comentarios

O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, foi nomeado vicepresidente da comisión de política social da FEMP. Hoxe tomou posesión do cargo en Madrid.

O rexedor declarou que “moi agradecido polo nomeamento. Desde Ribadeo imos seguir apostando polas políticas sociais. Sempre o dicimos, investir no valor da persoa é o importante e desde logo a Federación de Municipios e Provincias ten moito que dicir. É unha comisión de estudo, de análise e de aportar para mellorar as políticas sociais desde os municipios e desde as provincias. Traballar nas políticas de accesibilidade é algo fundamental e é algo que imos facer tamén desde Ribadeo”

E engadiu que “a vindeira xuntanza desta comisión vaise celebrar en Ribadeo no mes de xuño. Toda a comisión abordará moitos temas e concretará moitos deles. Moi agradecidos de que se conte coa opinión de Ribadeo e entre todos imos traballar e investir na persoa, que é o realmente importante”.