Skip to main content
As Pontes

Amigus convoca un curso de Echidna Shield nas Pontes

Por 16 Febreiro, 2024Sin comentarios

A asociación Amigus das Pontes organiza un curso coa shield para Arduino Echidna da man de Ciencia Kids e co patrocinio da Deputación da Coruña e o Concello das Pontes.

Esta shield educativa creada por mestres españois, permite centrarse na aprendizaxe da programación, evitando moitas conexións eléctricas. Ademais pódese programar con multitude de linguaxes de programación.

O curso é de balde e vai dirixido á rapazada de 8 a 14 anos. Realizarase o vindeiro sábado 24 de febreiro no local de Amigus, na praza do hospital 14 de 10:30 a 13:30 horas.

As prazas son limitadas e os interesados en apuntarse poden facelo dende o 19 de febreiro ás 9:00 no link ou no QR do cartel.