Skip to main content
A PastorizaActualidade

Anpa do Ceip O Salvador da Pastoriza celebra o domingo unha festa de Nadal

Por 20 Decembro, 2019Sin comentarios

A Ana do Ceip O Salvador da Pastoriza celebrará este domingo 22 de decembro unha actividade dirixida ás familias que se desenvolverá a partir das 16.30 horas no salón de actos da casa da cultura.

Haberá karaoke, manualidades, baile, música, sorpresas e diversión asegurada. Ademáis instalarán un dos buzóns reais no que os pequenos poderán deixar cartas coas súas peticións.

Na parte solidaria, tamén instalarán un punto de recollida de xoguetes para donación.

A actividade ten un prezo de 4 euros para os non socios e de 2 para os membros da Anpa.

Os interesados en participar poden anotarse no 659 0232194.