Skip to main content
ActualidadeO ValadouroSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Aprobación unánime do Valadouro ás tres mocións presentadas do BNG

No Pleno telemático celebrado no Concello de O Valadouro, aprobáronse por unanimidade as mocións presentadas polo grupo municipal do Bng. Na primeira delas os nacionalistas demandaron medios para que o estudantado do Valadouro poida realizar exames ou consultas on-line durante a pandemia do Covid-19.

Así mesmo e relacionado con esta crise económica e social que se está  a vivir, “instamos a solicitar da Xunta iniciar a elaboración dun plan galego de reactivación económica e donde queden claras as competencias de cada administración e que a Xunta complemente as medidas do Estado para axudar a autónomos e pequenas e medianas empresas, que son as que constitúen o tecido económico local no noso concello”, afirmou o portavoz nacionalista Eduardo Chao.

E xa por último, no capítulo de mocións, aprobouse tamén unánimemente a proposta do BNG de apoio ás traballadoras e e traballadores das empresas auxiliares de Alcoa “donde 50 persoas corren o risco de perderen os seus postos de traballo pola situación que se está a vivir na factoría de San Cibrao, e por eso solicitamos tamén a urxente intervención da Xunta e do Goberno do Estado nesta problemática” manifestou o concelleiro do BNG Eliseo Teijeiro.

Outro dos temas importantes deste Pleno era a proposta da alcaldía de aprobar un suplemento de crédito por importe de 509.636,53 euros para atender diversas necesidades do concello, na maioría derivadas supostamente da crise do Covid19. Esta cantidade ía ser detraída dos remantentes, que agora mesmo no concello de O Valadouro ascenden a 939.426,52 euros.

“O BNG deixou claro que está a favor de que se dediquen recursos municipais para reactivar o Valadouro despois desta crise, ademais de esixirlle á Xunta e ao Estado que aporten tamén, pero ese plan de activación local debe ser consensuado entre todos os grupos para melloralo e ao mesmo tempo para preservar a economía municipal, pois non sabemos o que vai durar esta crise e o concello tén moitas necesidades” afirmou Eduardo Chao, portavoz municipal.

A proposta da alcaldía non prosperou, e polo tanto terá que haber unha xunta de portavoces para poder facer propostas todos os grupos e levar ao vindeiro pleno un documento consensuado que beneficie a toda a veciñanza do Valadouro e se lle díe solución a moitos problemas urxentes que agora tén o concello.

Necesidade de elaborar os orzamentos 2020

Eduardo Chao recordoulle tamén ao alcalde que este debe elaborar os orzamentos 2020, que deberá ter que consensuar con toda a corporación para aprobalos, pois son moitas as carencias que agora mesmo tén o concello. Recordoulle tamén  que non se pode intentar elaborar uns orzamentos por partes intentando camuflalos nas medidas que en solitario intentaba aplicar para a crise do Covid19.