Skip to main content
Axenda Caducada

Baile de disfraces para celebrar o entroido no Incio

Por 15 Febreiro, 2022Febreiro 26th, 2022Sin comentarios

O Concello do Incio colabora coa Asociación Cultural As Xeitosas na organización dun baile de disfraces que se vai celebrar o sábado día 26 de febreiro despois do parón do ano pasado debido á situación sanitaria provocada pola Covid 19.

A mascarada dará comezo ás 18:00 horas na Praza de España do Concello do Incio, na Cruz do Incio. A organización informa que haberá premios para os mellores disfraces, música, chocolatada e doces típicos do Entroido, como as orellas.

As persoas, grupos ou comparsas interesadas en participar neste baile de máscaras poden chamar ao Concello do Incio en horario de oficina ao teléfono 982 427 014.

Esta cita é un paso máis na recuperación da normalidade que permitirá aos veciños volver a xuntarse e celebrar en conxunto promovendo a parroquia, a veciñanza e fomentando os lazos sociais entre os mesmos.

A creatividade e a orixinalidade serán dous puntos chave á hora de elixir os mellores disfraces.