Skip to main content
Guitiriz

BTTeando por Guitiriz percorreu a Ruta dos Muíños

Por 15 Marzo, 2022Sin comentarios

Esta fin de semana tocou volver ao monte en BTT nunha nova saída do programa BTTeando por Guitiriz, organizado polo Concello coa colaboración do club Btteiros Cova da Serpe, que nesta ocasión percorreu a Ruta dos Muíños.

Foi, unha vez máis, un éxito de participación, con ao redor de 50 persoas de todas as idades inscritas. O frío foi o protagonista pero a choiva respectou aos participantes durante todo o traxecto, no que destacou a bonita paisaxe dos muíños.

A próxima saída será a o 10 de abril, ao Camiño Real e, por último, o 29 de maio a Penas de Rodas en Outeiro de Rei. Sempre pode haber algún cambio nas datas debido ás inclemencias meteorolóxicas ou outra causa xustificada, ante calquera dos casos avisarase coa maior antelación posible.