Skip to main content
Axenda CaducadaXermade

Cabreiros acolle este sábado a I Festa da Xuventude

Por 29 Setembro, 2022Outubro 1st, 2022Sin comentarios

A localidade de Cabreiros, en Xermade, celebra este sábado, 1 de outubro, a I Festa da Xuventude, que contará con música e un xantar popular.

Esta celebración está dirixida á xuventude da localidade entre os 0 e os 100 anos e dará comezo ás 14.00 horas cunha sesión vermú a cargo do dúo Carpe Diem.

Esta sesión musical precederá ao xantar, servizo polo restaurante O’Paso, que constará de polbo, churrasco, postre, café e chupito. A sobremesa estará amenizada por unha discoteca móbil e do dúo Carpe Diem de novo. Esta sobremesa alargarase segundo a organización ata altas horas da madrugada.

Esta festa está organizada pola comisión de festas de Cabreiros deste ano.