Skip to main content
Axenda Caducada

Cambio de actividade na biblioteca das Pontes

Por 16 Febreiro, 2022Febreiro 17th, 2022Sin comentarios

A biblioteca das Pontes informou de que non vai ser posible realizar a actuación que estaba prevista, pero no seu lugar actuará Marta Ortiz co seu espectáculo Os contos da Galicia máxica. Esta actuación englóbase dentro do programa Xoves na Biblio.

Este espectáculo consiste nunha viaxe pola Galicia máis sorprendente, chea de seres máxicos, cancións, xogos e tradicións que gardan con elas costumes e sentires dun pobo.

Será polo tanto este xoves, 17 de febreiro, ás 18:00, na Casa Dopeso

A entrada será de balde pero é necesario a inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 981 102 562.