Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Candidatos mariñáns ao Congreso remarcaron en Foz a necesidade de ter representación en Madrid

Por 6 Novembro, 2019Sin comentarios

O BNG estivo no mercado semanal de Foz trasladando as súas propostas á veciñanza. Andrea Martíns e Xosé Manuel Peña, candidatos mariñaos ao Congreso e ao Senado incidiron na necesidade de que Galiza e A Mariña teñan voz propia en Madrid, donde se toman a maioría das decisións políticas que tenen a ver con esta comarca. Neste sentido, Andrea Martíns manifestou que “é necesaria a presenza do BNG no Congreso dos Deputados para facer valer esta comarca, visto que as forzas de obediencia estatal deixan de lado os intereses mariñaos á hora de posicionarse e buscar solucións en temas tan importantes coma as infraestruturas”.

Vellas demandas da sociedade mariñá e do BNG volverán ao Congreso dos Deputados, entre elas rematar co retraso nas infraestruturas viarias, coma a autovía Barreiros-San Cibrao, con décadas de esquencemento enriba, ou a vía de FEVE, porque se hai vontade política, pódese evitar que siga esmorecendo e convertila nun moderno medio de comunicación.

SOLUCIÓN ENERXÉTICA. Un dos primeiros retos retos do BNG, e aos que se referíu  Xosé Manuel Peña foi ao tema da enerxía, “necesaria para que siga funcionando o mais importante polo industrial da provincia, a factoría de aluminio de San Cibrao, pero tamén moitas empresas da comarca e da provincia que tenen que pagar un altísimo precio pola electricidade, por eso o BNG demanda un marco enerxético propio  coa creación dunha Tarifa Eléctrica que abarate o prezo da enerxía no país que mais produce no Estado”, afirmou o candidato que incidíu tamén na necesidade de ter unha alternativa industrial diversificada.