Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXADeportes TERRACHÁXA

Castro abre ao uso o novo campo de fútbol de herba artificial

Por 20 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O CD Castro fixo a estrea oficial das instalacións do anexo ao Municipal Arturo Pereiro, tras varias anos de obras.

Os partidos do equipo sénior e dos distintos conxuntos de base serviu para presentar estas novas instalacións, que tamén serían visitadas polas autoridades autonómicas.

O novo campo de fútbol de herba artificial de Castro executouse en dúas fases, que se prolongaron durnate os últimos dez anos e recibiron o finnaciamente de diferentes institucións. A última actuacion foi precisamente a cobertura das instalacións coa manta de céspede artificial, adxudicadas no mes de outubro do ano pasado por un valor de 131.164,00.

As obras empezaron no ano 2012 a través dun taller de emprego no que os alumnos executaron o valado. Uns anos despois, en 2016, os veciños de Duarría cederon o material de recheo para a primeira fase das obras —movéronse 400 camións de jabre— e a Xunta destinou 50.000 euros para o enchido e a drenaxe do terreo.

No ano 2019 fíxose tamén a instalación das torretas de iluminación, antes de dar comezo á terceira e última fase.