Skip to main content
CervoComarca AMARIÑAXA

CCOO A Mariña di que emprenderán accións xudiciais contra o presidente de Alcoa “se non cumpre o acordo asinado”

Por 26 Xaneiro, 2024Sin comentarios

Hoxe está convocada unha reunión de seguimento entre Goberno, Xunta, Alcoa e os sindicatos. Esta cita é chave tras saberse esta semana dos plans de Alcoa para San Cibrao e nela pedirán que informe as administracións con transparencia e concreción e que cumpra cos seus compromisos “porque son un milleiro de postos de traballo os que están vinculados á factoría, ademais dos empregos indirectos, e iso hai que poñelo por diante”, remarcou a conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana.

Dende o sindicato comarcal de CCOO na Mariña anunciaron que emprenderán accións xudiciais contra o presidente de Alcoa, William Oplinger, “se non cumpre o acordo asinado para a factoría de San Cibrao”.

O sindicato, expresou o se malestar e di que é “unha estafa” e  pide ademais “que se interveña a empresa no caso de que non se cumpran as inversión comprometidas”.

Tamén engaden que os contratos enerxéticos a longo prazo debe ser para o futuro da fábarica e deben quedar obligatoriamente vinculados á planta, ademais de seguir no aire o Real Decreto que anuncióu a bombo e platillo Besteiro, pero que aínda está por desenvolver, co cal non, de momento ten utilidade ningunha e sigue sendo un problema que o Ministerio de Transición aprobara 4 días tarde das declaracións de Impacto Ambiental”.

“Os gobernos deben estudar todas as opcións para que España e Galcia volva a producir aluminio primarioa como estaba asinado e avalado”, engaden dende CCOO.

BNG

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, comprometeuse, a poñer en marcha a intervención pública de Alcoa para salvar a actividade e o emprego da factoría.

Neste sentido, mostrou a súa preocupación pola situación que vive Alcoa, a “única factoría de produción de aluminio do Estado”, e anunciou que se os galegos e as galegas lle dan a súa confianza para ser presidenta defenderá unha solución para a planta.

“E neste momento -avanzou- isto pasa por que haxa unha intervención pública da Xunta e o Estado, unha intervención conxunta entre ambas Administracións” coa que se despexe “dunha vez por todas” o futuro da factoría “tanto en termos de produción como de emprego”.