Skip to main content
Axenda CaducadaPalas de Rei

Celtas Cortos, Olympus e Paris de Noia actuarán nas festas patronais en Palas de Rei

Por 27 Agosto, 2022Setembro 17th, 2022Sin comentarios

As festas patronais do Ecce Homo celébranse en Palas de Rei do mércores 14, ao domingo, día 17 de setembro. Estas festas traen a Celtas Cortos e as dúas das grandes orquestras galegas a Paris de Noia e Olympus xunto con outras destacadas actuacións que complementaran a programación.

Así o daba a coñecer a Comisión Organizadora dos festexos patronais, nunha xuntanza de traballo integrada por: a Comisión de Festas, a Asociación Xuventude de Palas, A Asociación Palacio do Rei e o Centro Pedagóxico Aloumiño e o propio Concello de Palas de Rei.

O mítico grupo Vallisoletano de folk-rok, Celtas Cortos, traerá a Palas de Rei un amplo repertorio dos temas cos que se deu a coñecer, dende 1984 ata a actualidade, consolidándose como un dos grupos revelación do momento e con máis éxito comercial de todos os tempos.

En canto as orquestras que van actuar en Palas de Rei, nestes cinco días de Festa, a Comisión Organizadora daba a coñecer os nomes de dúas das principais orquestras galegas, como son Olympus e Paris de Noia, así como, mantense un Festival referente nas patronais de Palas de Rei como é, o “Festival de Danza Tradicional” que traerá a Palas de Rei diferentes grupos de baile e danza tradicional, e polo que respecta aos máis cativos da casa, terán un día especial adicado a eles, cunha programación especial que desenrolará o Centro Pedagoxico Aloumiño e na que non faltaran diversos xogos e atraccións.

Polo momento están traballando na configuración da programación, da que transcendenron estas actuacións, en breve a Comisión Organizadora dará a coñecer o programa ao completo das Festas en Palas.