Skip to main content
Axenda Caducada

Charla informativa sobre o ‘Cártel dos coches’ en Quiroga

Por 21 Febreiro, 2022Sin comentarios

Hoxe, luns, técnicos da Unión de Consumidores de Galicia, no marco do ciclo de actividades informativas dirixidas a persoas consumidoras afectadas polo coñecido como “Cártel dos coches” , informarán dos dereitos que lles asisten así como o procedemento a seguir e documentación precisa para reclamar.

A problemática do cártel dos coches trae orixe nos expedientes sancionadores tramitados pola CNMV que remataron en distintas sancións (a súa maioría xa ratificadas polo Tribunal Supremo) a 34 marcas de vehículos polo intercambio de información confidencial que lles permitiu controlar o mercado da distribución e venda de vehículos.

Este cártel afectou a persoas, profesionais e empresas que adquiriron un vehículo ben por compra, leasing ou renting entre os anos 2006 a 2013.

Os fabricantes afectados por este cártel son: Alfa Romeo, Audi, BMW, Chevrolet, Chrysler, Citroen, Dodge, Fiat, Ford, Honda, Hyundai, Jeep, Kia, Lancia, Lexus, Mazda, Mercedes Benz, Mitsubishi, Nissan, Opel, Peugeot, Porsche, Renault, Seat, Skoda, Volkswagen, Toyota, Volvo.

Unión de Consumidores de Galicia considera que as persoas afectadas poden reclamar o prexuízo sofrido como consecuencia do sobrecuste pagado polo vehículo de resultas das prácticas anticompetencia, un importe que podería supor arredor do 10% do prezo pagado polo vehículo, un aspecto que definirá o informe pericial que a equipa da organización elaborará con motivo destes procedementos.

Estas actividade en colaboración con Concello de Quiroga está aberta a todas as persoas interesadas e desenvolverase hoxe luns día 21 de febreiro, a partir das 19.30 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura.