Skip to main content
Actualidade

Concellos chairegos estudan unha proposta para desenvolver Internet de alta velocidade

Por 29 Xaneiro, 2018Sin comentarios

A teleoperadora Adamo presentou unha iniciativa para mellorar e facer chegar a conexión de alta velocidade nos proximos 3 anos a fogares de 33 concellos, entre eles os chairegos Abadín, A Pastoriza, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz,, Meira, Muras, Outeiro de Rei, Pol, Rábade, Riotorto, Vilalba e Xermade.

Esta empresa sueca abriu na súa web unha plataforma chamada Fiberhood para axudar á xente a que se involucre no desenvolvemento de Internet Fibra Óptica na súa área e comprométese a estudar como desplegar a súa rede.

“Adamo necesita 30 persoas interesadas para poder desenvolver o proxecto, e nos xa temos 52, e por parte do concello imos facilitarlle todo o que sexa necesario, como as canalizacións dos alumeados públicos munipais” di o alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias González, que engade que “o obxetivo é acabar co problema da desconexión que padece o rural”.

Esta idea axudará a dinamizar a zona e xenerará empregos directos e indirectos. Ademais non haberá ningún tipo de obra civil, xa que Adamo contará co cableado, as subestacións e conducións de Viesgo da zona ou de outras compañías eléctricas, explican os interesados en sumarse a este proxecto, que disporán de dous meses para sumarse ao proxecto.