Skip to main content
Lugo

‘Deporte na rúa’ volve cunha nova edición na que haberá baloncesto, voleibol e fútbol

Por 5 Abril, 2023Sin comentarios

Tras a gran participación na actividade municipal Basket na Rúa, que na edición pasada reuníu a máis de 600 mozos e mozas en diferentes barrios da cidade, e co obxectivo de potenciar un ocio e un estilo de vida máis saudables, esta iniciativa apliarase a outras dúas disciplinas deportivas, o voleibol e o fútbol.

Baixo o nome xenérico de Deporte na Rúa, o Concello contará coa colaboración deportiva da Fundación Breogán, que repite nesta edición, co club Emevé e o Lugo Sala, que serán os organizadores. “O que permitirá -sostivo a rexedora- que a mocidade conte co atractivo de poder xogar e aprender con monitores de clubs xa moi consolidados, con xogadores referentes na cidade e que teñen grandes logros deportivos no seu haber”.

A rexedora e o concelleiro de Xuventude, Mauricio Repetto, reuníronse hoxe con Luka Brajkovic e Salva Arco, director da Fundación Breogán; a xogadora Eliana González e a coordinadora Icia Rodríguez, do Emevé; e o presidente do Lugo Sala, Marcos Penín, o capitán Miguel Muñoz e o porteiro, Yerai Espiñeira, para agradecerlles a súa colaboración.

O concelleiro explicou que as actividades se desenvolverán durante os domingos dos meses de abril, maio e xuño. Serán de acceso gratuíto para mozos e mozas de entre 10 e 17 anos, e localizaranse na praza de Augas Férreas e a praza do Castiñeiro, así como nas pistas deportivas do Parque do Sagrado Corazón e as pistas de fútbol do barrio de Fingoi. En caso de chuvia, as actividades trasladaranse á pista cuberta do CEIP Sagrado Corazón.

Para participar, aínda que haberá limitación de prazas, que se irán cubrindo por orde de chegada, non é necesario a inscrición previa.