Skip to main content
BegonteComarca LUGOXAQuirogaSarria

Deputación, CB Breogán e CD Lugo entregan balóns a unha ducia de centros educativos

Por 24 Xuño, 2022Sin comentarios

Unha ducia de centros educativos recibirán balóns de fútbol e baloncesto dentro da campaña Xuntos da man, impulsada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, o CB Breogán e o CD Lugo para fomentar a actividade deportiva e os hábitos saudables
entre escolares da provincia.

Alumnado dos CEIP Manuel Mallo de Nadela, CEIP Rosalía de Castro de Lugo, CEIP Anexa de Lugo, Colexio Franciscanos de Lugo, CEIP Paradai de Lugo, CPR María Auxiliadora de Lugo, CPR La Inmaculada Maristas de Lugo, CEIP Sagrado Corazón de Lugo, CPR Plurilingüe Nosa Señora da Asunción Sarria, CEIP Plurilingüe de Monterroso, CEIP de Quiroga, CPI Tino Grandío de Guntín e CEIP Virxe do Corpiño de Begonte recibirán este paquete de material, que solicitaron a través do formulario habilitado en xuntosdaman.gal.

O deputado de Deportes Efrén Castro, a concelleira de Participación de Lugo, Cristina López, o conselleiro do CB Breogán e o responsable de Márketing do CD Lugo fixeron entrega dos balóns a representantes dos centros e anpas que se achegaron para recollelo de forma presencial. O reparto completarase co envío aos colexios, para que dispoñan do material no inicio do vindeiro curso.

Efrén Castro agradeceu a colaboración de CB Breogán e CD Lugo nesta iniciativa que achega o deporte de elite aos nenos e nenas e contribúe a fomentar a actividade deportiva nestas idades, achegando neste caso aos centros un material de uso tanto nas aulas de educación física como nas actividades extraescolares”.

A campaña segue aberta polo que os centros educativos e anpas que o desexen poden solicitar a través do formulario de inscrición dispoñible en xuntosdaman.gal calquera das actividades que se propoñen. A recepción de balóns, cartelería e trípticos, a participación no programa de visitas a centros escolares ou a asistencia aos partidos do CD Lugo e o Río Breogán. As solicitudes atenderanse tendo en conta a data de inscrición.