Skip to main content
ActualidadeViveiro

Encontro aberto de 'Por Viveiro' mañá venres, onde presentarán públicamente o seu nome e logotipo

Por 11 Abril, 2019Sin comentarios

Por Viveiro organiza para mañá venres 12 de abril ás 20.30 horas no salón de actos do Conservatorio de Música de Viveiro, un encontro aberto para recoller as ideas, iniciativas e convidar ás veciñas e veciños de Viveiro a participar na elaboración do programa electoral e na candidatura que se presentará ás Eleccións Municipais do 26 de maio de 2019.
Dende a agrupación comentan que “Por Viveiro nace como a única candidatura aberta e independente e convidamos ás veciñas e veciños con ganas e ilusión de traballar por Viveiro a participar no encontro de mañá venres. O encontro servirá ademais para presentar públicamente o noso nome así coma o noso logotipo”