Skip to main content
Lugo

Enxeñeiros do Campus de Lugo sacan unha nova liña de iogures

Por 23 Maio, 2021Sin comentarios

Tres enxeñeiros agrónomos e alumnos do máster en Enxeñaría Agronómica na Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo da USC universalizan os sabores dos pastos de Galicia a través dunha nova gama de iogures que vén de sacar ao mercado a láctea galega Larsa e que replican sabores “únicos e orixinais” de flores silvestres que cada primavera enchen de color os prados, como o son o toxo, verbena, sabugueiro ou a violeta.

A comercialización da nova liña de iougures Flores de los Pastos, a través dos que Larsa busca transportar e facer partícipe á cidadanía das emocións que deparan as verdes paisaxes Galicia, implica tamén a materialización definitiva da innovadora e atrevida idea coa que  Roberto López (A Coruña), Brais Pérez (O Pino) e Antón Polo (Chantada) gañaron a segunda edición do certame Innovación en Alimentación Saludable Impulsando Galicia, un concurso promovido pola Corporación Peñasanta, a través da súa factoría Larsa, coa pretensión alimentar e facer visible o talento de estudantes e titulados universitarios de toda España, así como calquera outra idea innovadora.

A conquista deste certame de innovación alimentaria ao que este grupo de enxeñeiros agrónomos concorría por segunda vez logo de resultar finalistas na primeira edición é o resultado dun proceso que, desde un primeiro momento, naceu coa idea de conxugar nun produto alimenticio o concepto de innovación cos valores da marca de Galicia que nos transmitiron de sempre na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, comentan.