Skip to main content
Taboada

Estúdase a posible dixitalización de Taboada coa chegada da fibra ás vivendas

Por 13 Marzo, 2023Sin comentarios

O alcalde de Taboada, Ramiro Moure, reuniuse con representantes das empresas Citelfo e Adamo no que se abordaron temas relativos á dixitalización do mucipio.

Así, concretaron a posible instalación de 86.000 metros de fibra no Concello de Taboada, e a instalación doutros 1.500 postes a maiores dos instalados.

Ademais, prevese que chegue a fibra a 1.050 vivendas do Concello, así como quedaron de acordó en facilitar o acceso de todas as persoas a internet.

O Concello, desta maneira, quere mellorar a cobertura da poboación de Taboada en todas as aldeas a curto prazo e para iso a inversión en infraestruturas será de 500.000 euros.