Skip to main content
Burela

A Federación Galega de Dano Cerebral explica en Burela os cambios normativos que afectan ás persoas con discapacidade

Por 19 Abril, 2024Sin comentarios

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha ‘Guía legal’ que recolle os principais cambios normativos que afectan ao noso colectivo e ao conxunto da discapacidade en xeral.

Aborda principalmente o fin das coñecidas comunmente como “incapacitacións” para pasar a un sistema de apoios, entre outras cuestións. Para dar a coñecer estas modificacións legais, así como a guía que os resume, FEGADACE está a organizar unha serie de presentacións que a vindeira semana chegan a Burela. A cita é o 26 de abril no salón de plenos do Concello, a partir das 16.30.

A inscrición pode realizarse por teléfono ou por Whatsapp no 689 083 144 ou cubrindo este formulario. Interveñen o avogado, autor da guía e asesor legal de FEGADACE, Miguel Vieito, e a traballadora social da Federación, Carla Miranda. Ambas están á vosa disposición para entrevistas.