Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

Fito incorpórase tamén ao Vilalbés para o resto de tempada

Por 2 Febreiro, 2024Sin comentarios

Alfredo Rodríguez, Fito, xa é un dos novos xogadores do Rácing Vilalbés, tal e como anunciou o club o día no que se pechaba o mercado de inverno.

O zagueiro, nado no ano 2002, procede do Atlético Arteixo e anteriormente, formara parte da base do RC Deportivo, militando no Deportivo Fabril as dúas últimas campañas.

O novo verdivermello terá por diante loitar para que o club se manteña na categoría, na que milita este ano por primeira vez na súa historia.

Fito completa a lista de novas incorporacións con Carlos Torrado, Adri Carrión e Ibrahima Dieng. A elas hai que sumar as baixas de Christian Martínez e Santi Gegunde.