Skip to main content
Triacastela

Triacastela organiza unha formación para a campaña de compostaxe doméstica

Por 12 Decembro, 2022Sin comentarios

Con motivo da campaña de compostaxe doméstica de Triacastela, o concello organiza unha xornada de formación gratuíta na Fonte do Lunar mañá ás 12.00 horas.

As persoas que solicitaron os composteiros son as que están chamadas a participar deste evento, pero quedan prazas libres, así que se alguén está interesado en participar, poderá facelo.

Esta iniciativa xorde como motivo para promover a reciclaxe dos residuos orgánicos por parte dos veciños do municipio e incitalos a mellorar na separación dos restos.

Con esta formación, continúa a campaña de compostaxe nos domicilios de Triacastela na que participan 25 vivendas, maioritariamente da zona rural.