Skip to main content
Zonas RIBEIRASACRAXAZonas SARRIAXA

GDR Ribeira Sacra-Courel presentou no día de onte Xeodestino Courel

Por 13 Novembro, 2021Novembro 14th, 2021Sin comentarios

GDR Ribeira Sacra-Courel fixo a presentación do seu proxecto de actuacións 2021 – Xeodestino Courel no día de onte no Concello de O Incio.

Destino Courel é unha iniciativa creada pola asociación GDR Ribeira Sacra-Courel que se definiu no ano 2020 como a marca do Xeodestino O Courel, que abarca catro concellos da zona.

Esta nova aposta supón unha iniciativa para o desenvolvemento do sector tuístico no Destino Courel, no que se deseñaron cinco actuacións que están enfocadas ao desenvolvemento do turismo gastronómico e sustentable no xeodestino Courel.

Esta proposta alíñase coas distintas liñas estratéxicas desenroladas no Plan Director 2021-2023 para a transformación como Destino Seguro.

Esta iniciativa procura combater os efectos da crise no rural galego e reinventar o ecosistema turístico.

Xeodestino Courel representa a unión de catro concellos a través dun novo destino turístico e competitivo; Folgoso do Courel, O Incio, Samos e Triacastela, polo cal pasa o camiño francés. O seu obxectivo é o de fortalecer e empoderar a imaxe dos empresarios e do entorno; crear neste destino, un punto de referencia turístico; fomentar o desenvolvemento
sostible, etc.

Co fin de dinamizar o turismo da zona, levaranse a cabo diferentes acción no Destino Courel, entre ellas está a creación do Club de Produto Turístico Gastronómico da castaña e o mel “Destino Courel”, un obradoiro de emprendemento “Destino Courel” e unha xornada de creación de experiencias turísticas “Destino Courel”.

O obradoiro de emprendemento “Destino Courel” terá lugar o día 18 de novembro, a xornada de creación de experiencias turísticas “Destino Courel” será o 25 de novembro e a xornada de presentación do Club de Produto Turístico Gastronómico da castaña e do mel está programada para o día mércores 1 de decembro.