Skip to main content
Quiroga

Historia, xeoloxía e turismo na segunda xornada do ‘Outono Xeolóxico’ en Quiroga

Por 23 Outubro, 2023Sin comentarios

Este sábado tivo lugar en Quiroga a segunda xornada do programa ‘Outono Xeolóxico 2023, que achega unha variedade de actividades nos tres concellos que  conforman o Xeoparque Mundial da Unesco Montañas do Courel.

O programa comezaba ás 11.00 horas na Casa de Cultura, onde o tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Vicente Parra e o presidente do Xeoparque, Roberto Castro, foron os encargados de dar a benvida aos participantes.

Baixo o título de ‘Montañas o Courel, un xeoparque de ouro’, Javier  Sánchez Palencia, profesor ad honore do instituto de Historia do CSIC falou sobre o outro en Asturias, en Galaecia e Lusitania. A continuación, Daniel Ballesteros, do Xeoparque Montañas do Courel espuxo a súa conferencia ‘Montefurado, unha historia xeolóxica de romanos e peregrinos’.

Para rematar a quenda de intervencións, Brais Currás, do Instituto de Historia CSIC, realizou unha interesante charla sobre ‘Montefurado e os outros “Montesfurados” na minería romana do ouro: últimas investigacións’. A segunda parte da xornada remataba pola tarde cunha saída de campo na contorna de Montefurado guiada polos tres relatores.