Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Labrada celebra as patronais a fin de semana

Por 6 Agosto, 2019Agosto 7th, 2019Sin comentarios

A localidade de Labrada, en Guitiriz, festexa a fin de semana do 10 e 11 de agosto as festas patronais na honra da Nosa Señora e Virxe das Dores.

Os actos darán comezo o sábado 10 co oficio relixioso, ás 13.30 horas, seguido de procesión e sesión vermú a cargo do trío Maracuyá, o mesmo grupo que actuará na sesión nocturna xunto a Charleston Big Band.

O domingo 11 haberá misa solemne, procesión e sesión vermú coa orquestra La Potencia, a mesma que se encargará tamén á noite da verbena.