Skip to main content
Lugo

Lamas de Prado continúa coa renovación do alumeado público

Por 14 Xullo, 2023Sin comentarios

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitaron a nova actuación que permitirá avanzar na renovación da rede de alumeado público. Rubçen Arroxo explicou que “nas vindeiras semanas finalizará a renovación do alumeado da rúa Lamas de Prado dende Camiño Real ata o cruce coa rúa Filgueiro, avanzando na instalación de alumeado LED de baixo consumo”. Este cambio, declarou, “permite unha boa capacidade lumínica reducindo as emisións de substancias contaminantes emitidas á atmosfera pola rede de alumeado público da cidade”.

O Goberno de Lugo renova o alumeado cambiando luminarias obsoletas de vapor de sodio a alta presión de 150W por luminarias tipo LED cunha potencia media de 92W, “conseguindo un incremento da eficiencia enerxética, así como un aforro considerable da enerxía consumida, cun consumo de 16.065 kWh menos”, explicou Rubén Arroxo.

As novas luminarias a instalar contan con drivers programables que, segundo indicou o Tenente Alcalde, “permiten incrementar o aforro nas horas nas que o tráfico rodado e peonil é baixo”.

Desde a Goberno de Lugo continúase a investir na renovación da rede de alumeado, con distintos proxectos postos en funcionamento por toda a cidade aplicando criterios como o aforro e a eficiencia enerxética, xunto coa aplicación da perspectiva de xénero. Nas próximas semanas rematarase a actuación na rúa de Lamas de Prado, dando continuidade á renovación executada polo goberno de Lugo nos últimos meses.