Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

Lúa López e Rosa Díaz, xogadoras do CB Sarria, representaron a Galicia no Campionato de España 3×3

Por 27 Xuño, 2023Xuño 28th, 2023Sin comentarios

Dúas xogadoras de baloncesto sarriás, Lúa lópez Tallón e Rosa Díaz Ogbebor, terminaron a tempada de baloncesto en Blanes (Xirona) esta pasada fin de semana representando a Galicia coa selección galega no 1º Campionato de España de 3×3 de seleccións autonómicas, en categoría Ou13.

Estas xogadoras, xunto con outras dúas de compañeiras de Pontevedra e A Coruña, formaron o equipo As Castrexas para participar no Campionato Gallego 3×3 en categoría Ou13, no que conseguiron saír gañadoras, e con este nome participaron tamén no Campionato de España e xuntas.

Este Campionato de España 3×3 de seleccións autonómicas, celebrado en Xirona, reuniu ás mellores xogadoras do panorama nacional en canto a baloncesto e da xeración 2010, época da que son as xogadoras sarriás, que este ano tamén conseguiron proclamarse Campioas Galegas na categoría Preinfantil de baloncesto co seu equipo Casa Barbadelo do CB Sarria.