Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

Mans Unidas de Mondoñedo recolle fondos para un proxecto na India

Por 9 Febreiro, 2021Sin comentarios

A delegación Mondoñedo-Ferrol de Mans Unidas está a traballar na recollida de fondos para subvencionar os seu proxecto de Mellora de medidas educativas e sanitarias de poboación marxinal de Bhopal. Esta proxecto está baixo a campaña xeral da organización Contaxia solidariedade para acabar coa fame.

Bhopal é o segundo estado máis grande da India. As Irmás Misioneiras Dominicas do Rosario traballan na zona Este do Estado. Os seus habitantes viven en chabolas, nun estado lamentable de pobreza, analfabetismo, de explotación laboral e de carencias sanitarias, entre outras. Como sempre as mulleres e os nenos son os que máis sofren esta situación e solicitaron axuda a Mans Unidas para o devandito proxecto.

Crearanse talleres de formación para nenos e novos e grupos de autoaxuda para as mulleres e tamén medidas para paliar os efectos do coronavirus.

Beneficiaranse de forma directa máis de 1.200 persoas e de forma indirecta unhas 2.000. O importe do proxecto ascende a 27.064 euros.

O día 14 de febreiro, domingo, celebrarase a popular campaña contra a fame polo que os membros da delegación mindoniense colocarán unha mesa á entrada da igrexa parroquial onde darán conta dos proxectos que a delegación de Mans Unidas realiza na India. Ademais, teñen a disposición de aqueles que quieran solidarizarse dúas contas bancarias para hacer unha doazón.