Skip to main content
Vilalba

Manu Chao centrará a programación festiva do vernes en Vilalba

Por 1 Setembro, 2022Sin comentarios

Continúa en Vilalba as festas patronais na honra a San Ramón e Santa María, que onte tivo o seu día grande dedicado a San Ramón coa misa maior e a procesión e a posta en valor do traxe rexional. Pola noite, gran cobertura do apartado musical coa actuación de Combo Dominicano.

Hoxe a programación constará de

  • 10.45 Pasarrúas con Entre Lusco e Fusco e AC Andrade
  • 12.00 Misa coa Polifónica Vilalba e procesión
  • 14.00 Sesión vermú coa orquestra Rirmo Joven
  • 20.00 Concerto de CRZY
  • 23.00 Verbena con Ritmo Joven e La Fórmula
  • 0.00 Fogos artificiais

PROGRAMA DO VENRES

Así mesmo preséntase para este venres, día 2, que se centrará na actividade infantil cunha festa que terá lugar ás 16.30 horas na praza da Constitución. O máis especial para os pequenos con actividades con inchables, tobogáns acuáticos e festa da escuma. Unha tarde chega de diversión que fará as ledicias de todos.

Continuará a programación coa celebración das simultáneas de xadrez na praza da Constitución organizadas polo Espazo Xove.

Destaca tamén a actuación de Manu Chao a porta pechada e con aforo limitado a partir das 22.30 horas na praza de Santa María.

O público vilalbés deixou claro que tiña gañas de ver a Manu Chao xa que as entradas esgotáronse ás poucas horas de poñerse á venda e tras facer a compra a longa listaxe de vilalbeses que se pasou pola taquilla.

Fillo do escritor vilalbés Ramón Chao, era un dos concertos máis demandados polos vilalbeses dende hai tempo, pero finalmente serán uns 2.000 os que poderán presenciar finalmente o concerto debido a que este se celebrará con aforo limitado na praza de Santa María.

A actuación de Chao forma parte dunha xira con formato acústico na que está acompañado polo músico Lucky Salvadori (guitarra) e Miguel Rumbao (percusión).