Skip to main content
Lugo

Marina Cabo presenta ‘Plano de bolsillo’, o seu primeiro libro en Lugo

Por 24 Marzo, 2024Sin comentarios

Marina Cabo presenta o seu primeiro libro Plano de bolsillo na cidade de Lugo. A cita terá lugar na librería La Voz de la Verdad este luns a partir das 19.00 horas. A propia rede de metro é unha metáfora da amálgama de historias humanas que se entrelazan a cada pouco, unhas tan preto doutras.

O que se narra son fragmentos de vida onde aparentemente nada se sae do habitual. A autora sabe que o seu oficio é a perspicacia, a facultade de introducirse con sixilo nos pensamentos e sentimentos do outro.  Non xulga, senón que adopta unha posición de testemuña, presentando cada personaxe baixo a luz apropiada e deixando que fale coa súa voz.

En poucos parágrafos a narración conclúe. Aparecen baleiros, túneles onde as palabras repentinamente enmudecen. Non sempre haberá resolución definitiva. O lector ha de intuír e sentir.