Skip to main content
O Saviñao

Minuto de silencio e lectura dun manifesto co gallo do 25N no Saviñao

Por 25 Novembro, 2021Sin comentarios

O Saviñao gardará un minuto de silencio e lerá un manifesto co gallo do 25N. Dende o goberno local destacan que estas actividades forman parte da programación de actividades impulsadas polo Concello e que se están a levar a cabo dende comezos de mes e durarán ata o 20 de decembro.

Deste xeito, ao longo do día de hoxe repartiranse bolsas térmicas, gorras, pulseiras e folletos informativos contra esta lacra nos colexios de Escairón e Currelos, así como na escola infantil municipal. Este xoves tamén dará comezo o prazo de inscrición para anotarse no curso de defensa persoal para mulleres. O prazo para facer este trámite remata, precisamente, o día 20 do mes que vén.

Dende hoxe ata o 10 de decembro tamén se poderá visitar a exposición de debuxos sobre as mulleres afgás cedidas polo colexio de Escairón. O traballo de sensibilización e concienciación sobre a importancia e a necesidade de erradicar o maltrato feminino comezou o día 8 de novembro; data na que o Concello instalou xa un lazo luminoso de cor na fachada da Casa Consistorial.