Skip to main content
Guitiriz

O Buriz está de festa cun xantar popular este sábado

Por 19 Febreiro, 2024Sin comentarios

A comisión de festas do Buriz organiza este sábado, 24 de febreiro, unha festa en colaboración coa asociación As Calzadas do Buriz e o propio Concello.

A celebración iniciarase ás 13.30 horas coa sesión vermú, que estará amenizada polo trío Merengue, á que seguirá un xantar popular con callos, churrasco mixto, tarta de Santiago, café e bebida por un prezo de 28 euros para adultos e 15 para nenos de 7 a 11 anos.

Pola tarde haberá animación infantil toda a tarde a cargo de Maylandia Minion, que se completarán con sorteos e bingo.

Completarase a programación ás 20.00 horas cunha liscada de chourizada de balde, antes da verbena, que tamén estará a cargo do trío Merengue ademais de Señor Magick.

A asociación lembra que haberá carpa calafectada.