Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXADeportes LUGOXADeportes TERRACHÁXA

O Castro B logra o ascenso a Segunda

Por 25 Abril, 2022Abril 26th, 2022Sin comentarios
Os rapaces do Castro que lograron o ascenso

O equipo filial do CD Castro, o Castro B, militante na Terceira Galicia, logrou onte o ascenso a Segunda unha xornada antes do fin da segunda volta da competición.

O conxunto chairego vencen na casa ao Cazás por 2-0 e sumou matematicamente a vantaxe necesaria para rematar a xornada como un equipo de Segunda.

O Castro B disputou a segunda fase da liga nun grupo de catro equipos, firmando, a falta dun encontro, 4 vitorias e 1 empate polo que segue invicto.

O equipo disputou a primeira fase nun grupo de oito quedando campión de grupo con tres puntos de vantaxe sobre o segunte. Rematou con 11 vitorias, un empate e 2 derrotas e un total de 34 puntos. O equipo levouse desta primeira quenda 3 puntos de premio que axudaron a manterse no máis alto dende a primeira xornada da segunda fase.