Skip to main content
ActualidadePol TERRACHÁXA

Obradoiro A tribo da lama na parroquia de Lea de Pol

Por 5 Xullo, 2019Sin comentarios

A Chintofanería organiza na parroquia de Lea do Concello de Pol un obradoiro baixo o título Xullo, A tribo da lama e será o domingo 14 de xullo, entre as 17.00 e as 20.00 horas.

Este taller desenvolverase na Casa da Xustiza de Lea a cargo de Chintofanería co obxectivo de experimentar sensorialmente coa arxila e a terra, facer xogos na natureza e facer pinturas tribais. Tamén haberá unha merenda para os pequenos.

Os interesados en participar deberán inscribirse no 678 864 818. Ten un prezo de 12 euros por familia.