Skip to main content
RiotortoRiotorto AMARIÑAXA

Órrea acolle unha xornada micolóxica este domingo

Por 16 Outubro, 2023Outubro 23rd, 2023Sin comentarios

A Asociación de Veciños de Santa Comba da Órrea celebrará este domingo, 22 de outubro, unha xornada micolóxica que dará comezo ás 10.00 horas no local social da Escola da Órrea.

Primeiro impartirase unha sesión teórica que se completará, ás 11.30 horas, cunha saída á contorna para o estudo e a identificación de cogomelos na zona.

Rematará a xornada cuns petiscos para os asistentes.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse antes do xoves 19 no teléfono 686 107 847 e no correo asociaciorrea@gmail.com.

A formación estará a cargo da Sociedade Micolóxica Lucus.