Skip to main content
Begonte

Pablo Veiga presenta en Begonte o seu libro ‘A marcha de Anxo’

Por 25 Abril, 2023Sin comentarios

Este domingo 23 celebrouse o Día do Libro e con este motivo, dende o Concello de Begonte organizan a presentación de A marcha de Anxo, obra do noso veciño Pablo Veiga.

Este acto terá lugar o venres 28 a partir das 16.30 horas na Casa da Cultura e está aberta a toda a poboación.

Ese mesmo día e antes da presentación, Pablo visitará o CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño para realizar unha actividade cos nenos e nenas, que están a ler o seu libro.

Pero os actos para conmemorar o Día do Libro non acaban aquí, xa que o venres 28 pola mañá, tamén se levará a cabo a doazón de obras na praza do Concello por parte do CEIP a todos @s veciños de Begonte que acudan á cita.