Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAOuteiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Penas de Rodas acolle o Campionato Galego BTT Rally XCO

Por 7 Xullo, 2023Sin comentarios

O Circuíto de Penas de Rodas, en Outeiro de Rei, acolle este sábado a última das probas do Cross Country Olímpico (XCO) en Galicia, que constou de doce probas que se disputaron na comunidade galega desde o mes de marzo. Un calendario, con Copa e Campionato, que visitou as catro provincias e ao que se sumaron dúas localidades nas que o ciclismo cotiza á alza: O Carballiño e As Pontes.

Unha vez concluída a Copa, e na antesala do Campionato de España, as coroas galegas repartiranse o sábado 8 de xullo en territorio lucense. O Team Bike Outeiro de Rei encárgase este ano do Campionato de Galicia. O XCO Pena de Rodas, que no 2022 debutou na Copa, despedirá ao grande a temporada autonómica.

O certame coordinado pola Federación Ciclismo Galego (FCG) presentou unha xornada máis respecto ao ano pasado. As inscricións en todas as probas serán de balde para as categorías dadete e júniors, mentres que o resto (Sub23, Elite e Máster 30-40-50-60) terán que abonar 10 euros.

As estimacións din que participarán uns 350 nenos na mini BTT, chegados de todos os puntos da comunidade galega, que terán o inicio da competición nás 10.00 horas.

O resto de competidores, das categorías infantil, cadete, júnior, máster e élite, tomarán a saída ás 16.30 horas, para percorrer un circuíto de 4,2 quilómetros con varias voltas dependendo da categoría.