Skip to main content
Axenda CaducadaCospeito

Pino celebra a fin de semana as festas patronais

Por 7 Novembro, 2022Sin comentarios

A parroquia de Pino, en Cospeito, celebra a fin de semana próxima as súas festas patronais na honra de San Martiño.

As celebracións contarán coa participación das orquestras Solara e Charleston Big Band o sábado en sesión vermú e verbena. O domingo, será Stereo a que animará a xornada tamén con dobre pase.

Nas dúas xornadas haberá misa solemne ás 13.00 horas.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.