Skip to main content
Burela

Política Social visita o centro de día de menores de San Aníbal

Por 23 Marzo, 2022Sin comentarios

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou esta mañá o centro de día de menores San Aníbal e mantivo un encontro con representantes da Asociación de centros de menores de Galicia (Agaceme).

Nesta reunión abordáronse diferentes temas relativos á atención e á protección de menores. Entre eles destacan as accións e programas a desenvolver para facilitar a emancipación destes rapaces cando acaden a maioría de idade, co obxectivo de que poidan acadar unha plena integración sociolaboral.