Skip to main content
Viveiro

Resurrection Fest 2021 presenta o seu cartel

Por 22 Decembro, 2020Decembro 18th, 2023Sin comentarios

Resurrection Fest 2021 publicou o cartel da que vai ser a súa próxima edición, prevista do 2 ao 5 de xuño do ano que vén. Así mesmo, desvelaron o cabeza de cartel da festa de presentación, fixada para o 2 de xuño. Serán os suecos Sabaton, que contará coa maior produción que nunca tiveron en España”, segundo os organizadores.

Nas posicións principais do cartel do próximo ano destacan bandas como Deftones, System Of A Down, Korn, Opeth, Bullet For My Valentine, Caliban, Sepultura, Rise Of The Northstar, Hamlet, Jinjer ou Heaven Shall Burn.

E, entre as bandas destacadas que estaban previstas en 2020 e que se caeron do cartel atópanse Judas Priest, Amon Amarth, Killswitch Engage ou Meshuggah.

O festival lanzou onte un comunicado no que plasmaban a súa confianza en que se celebre a edición de 2021 apuntando ás “boas noticias” que se están vendo ultimamente, en clara alusión ao comezo do calendario de vacinación previsto en España nos próximos días. Con todo, Resurrection Fest non descarta a posibilidade de que haxa que pospoñer o festival do mesmo xeito que este ano. Nese caso quen queira poderá solicitar a devolución da súa entrada, ou mantela para a seguinte edición.

O CARTEL

Tralos suecos Sabaton, o cartel presentado ten numerosas ofertas como, Bullet For My Valentine, que volverán a España tras 5 anos do seu último concerto e presentarán os seus últimos traballos para todos os seus fans.

Un dos referentes do black metal a nivel mundial e banda de culto, Emperor, tamén estarán por fin en Viveiro, e actuarán no escenario principal. Opeth repetirá no cartel, do mesmo xeito que Heaven Shall Burn, Sepultura ou Jinjer. Como novidade, no Main Stage tamén estará Rise of the Northstar e Spiritbox, e confírmanse a Caliban, Bleed From Within e Serrabulho na warm- up. Pechando a programación do escenario principal, estarán de novo a Dagoba, Beyond The Black, Eskimo Callboy, Our Hollow Our Home, e Deadly Apples.

Nos escenarios temáticos participarán grandes artistas que visitarán por primeira vez o festival ou que volverán tras moito tempo. No Ritual Stage contarán con Code Orange, Dark Funeral, Haken, Sylosis, Angelus Apatrida, Vomitory, Neaera, Benighted, Gaerea, ou Dead Label.

No Chaos Stage, escenario de hardcore e punk, gozarán da festa de Reel Big Fish, Madball, Lionheart, Raised Fist, Moscow Death Brigade, Doyle, Employed to Serve, Svalbard, Blowfuse, Free City, e True Mountains, entre outros.

Por último, no Desert, os atronadores Godflesh, o carismático Nergal co seu proxecto Me And That Man, o post rock de And So I Watch You From Afar, Elder, Planet of Zeus, The Picturebooks, Celeste, O Altar do Holocausto, Adrift, Regarde Lles Hommes Tomber e Chris Masuak cos seus Viviero Wave Riders Association tamén estarán con presentes no festival.

Na programación do ano que vén tamén contarán con todos os artistas nacionais que tiñamos o ano pasado.

CORONAVIRUS

“Aínda quedan moitos meses para a celebración dos festivais de verán e ultimamente estamos a ver boas noticias. Confiamos en que se van a poder facer, e seguiremos atentos ás noticias e os progresos respecto diso, como están a facer o resto de festivais europeos. En calquera caso, para nós a prioridade é a seguridade dos asistentes, polo que no caso de que haxa que pospoñer o festival, como este ano quen queira poderá solicitar a devolución da súa entrada, e se non, a entrada será válida para a seguinte edición”, explican dende a asociación.

A organización do festival fai facer un sorteo de entradas VIP dobres en Instagram.